Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 14 de marzo de 2022, relativa ao parque eólico Coto da Mina, sito nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT).

Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, se outorgou autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto da Mina, sito nos concellos de Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto da Mina, S.A. (expediente IN661A 2010/01-3 AT).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de persoas interesadas

Interesado/a

Acto que se notifica

Serafín Cibeira Ferreiro

Autorización administrativa previa e de construción

Mª Isabel Nogueira Blanco

Autorización administrativa previa e de construción

Camilo Alén Lorenzo

Autorización administrativa previa e de construción