Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27781

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

BDNS (Identif.): 624279.

De conformidade co previsto nos artigos 20.8.a) e 17.3.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Segundo. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva co fin de subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemento TR807J).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede a súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

Cuarto. Importe

Contase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 2022.11.03.324A.480.6, código de proxecto 2019 00016 que se distribuirá do seguinte xeito: o 50 % para as asociacións empresarias e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade