Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 20211505AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O 1 de marzo de 2022, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 20211505AE-PO, incoado á persoa titular do DNI 33542950A.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle notifica á persoa titular do DNI 33542950A o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de abril de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20211505AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 33542950A.

Último enderezo coñecido: rúa Bispo Ona Echave, 45, 27002 Lugo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no artigo 38.2.b).4º da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021, do 25 de febreiro.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.bis.c) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 8/2021, do 25 de febreiro: «A negativa inxustificada ao sometemento a recoñecemento médico ou á realización de probas diagnósticas prescritas lexitimamente polos profesionais sanitarios e polas profesionais sanitarias coa finalidade de detección, seguimento e control dunha enfermidade infectocontaxiosa transmisible, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación».

Sanción proposta: mil euros (1.000 €).