Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 13 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2022/43-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentacion CT 32AW17 Chocín.

Situación: Chocín, concello de Amoeiro.

Características principais recollidas no proxecto:

– Reforma dun tramo da LMTA SAC805-Carballiño-5 por deterioración do apoio con matrícula B7U4KGB2//30-10-B-16-CT, que será substituído por novo apoio de celosía metálica e novo CT intemperie sobre o dito apoio, de 100 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400-230 V. Cambio de condutor LA-56 no tramo afectado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado nº 482 do COITIOU, o 25.10.2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 13 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/43-3.

Concello: Amoeiro.

Denominación da instalación: regulamentación CT 32AW17 Chocín.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: Cambela.

Cultivo: monte alto.

Titular: Eduardo Paradela López.

Afección: apoio número: B7U4KGB2//30-10-B-16-CT, superficie de 2 m².

Lonxitude de voo: 9 m, que representa 85 m² de superficie afectada.