En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA ALB803-apoios núm. D50 e D51 (O Carballiño).
Situación: lugar de Fonteantiga, concello do Carballiño.
Características principais recollidas no proxecto:
– Substitución na LMTA ALB803, a 20 kV, dos apoios núm. D50, D51 e D52 por deterioración/inadecuados, instalando no seu lugar novos apoios de celosía metálica de tipo C-18/4500-E30-CA. Instalación de apoio D51×1 tamén de celosía e retensado do condutor existente LA-110 sobre apoios proxectados.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do ICOIIG, o 17.3.2021.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 19 de abril de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Número de expediente: IN407A 2022/47-3.
Concello: O Carballiño.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803-apoios núm. D50 y D51 (O Carballiño).
Predio número en proxecto: 2.
Lugar: Ponte.
Cultivo: matogueira.
Titular: Manuel Ulloa.
Afeccións: apoio número D51, superficie de ocupación de 2 m².
Predio número en proxecto: 3.
Lugar: Sendeiro.
Cultivo: matogueira.
Titular: descoñecido.
Afeccións: apoio número D51×1 e D52, superficie de ocupación de 4 m².