Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 25 de abril de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de setembro de 2018 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/152/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de marzo de 2022, resolución pola que se estima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de setembro de 2018, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/152/2015-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á interesada con documento nacional de identidade número 33790913A, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada á dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística