Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28405

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico - Inorde

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de estabilización consonte a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Por medio deste anuncio faise público que a Presidencia do Inorde, mediante Resolución 2022/0099, ditada o 3.5.2022, adoptou o acordo que se transcribe en extracto:

Primeiro. En cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, apróbase a oferta de emprego público de 2022 correspondente a prazas estruturais de persoal do Inorde, desempeñadas por persoal con vinculación temporal e incursas no suposto do artigo 2.1 da lei citada.

– Unha (1) praza de administrativo/a: persoal funcionario, Administración xeral, administrativo, grupo C1, nivel CD 19, sistema de selección concurso-oposición (artigo 2.4 Lei 20/2021).

Segundo. En cumprimento do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, apróbase a oferta de emprego público excepcional de 2022 correspondente a prazas estruturais de persoal do Inorde desempeñadas por persoal con vinculación temporal de longa duración e incursas nos supostos das disposicións adicionais sexta e oitava da lei citada.

– Unha (1) praza de técnico/a de proxectos: persoal laboral fixo, grupo A2, nivel CD 24, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Unha (1) praza de técnico/a AEDL: persoal laboral fixo, grupo A2, nivel CD 24, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Unha (1) praza de técnico/a económico: persoal laboral fixo, grupo A2, nivel CD 24, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Unha (1) praza de auxiliar administrativo/a: persoal funcionario, Administración xeral, auxiliar administrativo, grupo C2, nivel CD 16, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Dúas (2) prazas de técnico/a de laboratorio: persoal laboral fixo, grupo A2, nivel CD 24, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Dúas (2) prazas de peón agrícola: persoal laboral fixo, grupo AP, nivel CD 12, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

– Unha (1) praza de técnico/a veterinario/a: persoal laboral fixo, grupo A1, nivel CD 26, sistema de selección concurso (DA 6ª, 8ª Lei 20/2021).

O contido íntegro do anuncio de aprobación foi publicado no BOP de Ourense núm. 102, do 5 de maio de 2022.

Contra este acordo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso administrativo de alzada ante a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense no prazo dun mes. Os prazos indicados computaranse de data a data contados desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 9 de maio de 2022

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)