Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28432

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se publica a relación definitiva das solicitudes desestimadas e inadmitidas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 3, do 5 de xaneiro de 2022, publicouse a Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A). O prazo de presentación das solicitudes rematou o 7 de febreiro de 2022.

Segundo. O 7 de abril de 2022 publícase a Resolución do 30 de marzo de 2022, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes en motivo de inadmisión e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A), establecéndose un prazo de dez (10) días hábiles para formular reclamacións, emendar erros e achegar os documentos que os interesados entendesen oportunos. Unha vez rematado o prazo, o órgano instrutor emitiu a proposta de resolución de desestimación ou inadmisión das correspondentes solicitudes.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co disposto na base 10ª, a Subdirección Xeral de Plans e Programas será o órgano competente para a instrución do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Segundo. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte: http://deporte.xunta.gal/

Tendo en conta estes antecedentes,

RESOLVO:

Primeiro. Á vista do expediente e da proposta do órgano instrutor aprobar a proposta de resolución pola que se establece a relación definitiva das entidades cuxas solicitudes son desestimadas e inadmitidas.

Segundo. Publicar a relación definitiva das ditas entidades, así como o motivo da correspondente desestimación ou inadmisión, que se recolle ordenada alfabeticamente no anexo I desta resolución, no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte: http://deporte.xunta.gal/

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Listaxe definitiva de solicitudes desestimadas e inadmitidas

Motivo:

AEAT

Non está ao día nas obrigas tributarias

Atriga

Débedas coa Axencia Tributaria de Galicia

SS

Non está ao día no cumprimento das obrigas de pagamento da Seguridade Social

MNS

Material non subvencionable e/ou inferior ao gasto mínimo subvencionable

MPNS

Material parcialmente non subvencionable. Admítese a tramitación con respecto á parte do material que é subvencionable ao abeiro do anexo II da Resolución do 13 de decembro de 2021

Non RED

A entidade non está inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia

Anexo III

Non emenda/falta de presentación do anexo III

Anexo IV

Non emenda/falta de presentación do anexo IV

Anexo V

Non emenda/falta de presentación do anexo V

Anexo X

Non emenda/falta de presentación do anexo X

Entidade

NIF

Motivo

Adeco-Dea

G15257645

Anexo V. MPNS

Agrupación Deportiva Cristo Rey Oleiros

G15137326

MNS

Agrupación Deportiva Matela

G27148964

MNS

Alfonso García Eiriz Motorsport

G32427098

MNS

Arealonga F.S. Chapela

G36484194

MNS

Ari Foz Contact

G27503705

MNS

Asociación Cultural e Deportiva Xestas

G36628543

MNS

Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza

G15118722

AEAT, Atriga e SS. Anexo IV, V e X

Asociación Deportiva Aixa

G27398577

Atriga e SS. Anexo III e IV

Asociación Deportiva do Coto

G15590227

Anexo IV e V

Asociación Deportiva Falcata

G27775808

MNS

Asociación Deportiva Grand Jete

G94127834

AEAT. Anexo IV

Asociación Deportiva Judo Muralla

G27493485

Anexo IV e X

Asociación Deportiva Wudang

G36588309

Anexo IV e X

Asociación Futevolei Vigo

G27848688

MNS

Asociación Os Sendeiros de Foz

G27312362

MNS

Atlético Faxilde C.F. Vilagarcía

G36187482

Anexo IV e V. MPNS. MNS

Atletismo Ría de Foz

G27495662

Anexo IV e V. MNS

Basket Clube de Gaia

G01858737

AEAT. Anexo IV e V

Campo da Angustia C.F.

G15700784

Anexo IV e X. MPNS e MNS

Cidade das Burgas Fútbol Sala

G32372120

AEAT. Anexo IV, V e X. MPNS

Club Acuatic Oleiros

G70214846

Anexo IV

Club Asociación Deportiva y Cultural Bogavante

G36368322

Anexo IV. MNS

Club Balonmán Miño

G06931679

MNS

Club Balonmán Poio Artai

G01856996

AEAT

Club Basquet Coruña, S.A.D.

A15565054

MNS

Club Billaristas Errantes

G27825322

Anexo IV e V

Club Chantada Atlético

G27422542

Anexo IV

Club Ciclista Burela

G27202324

Anexo IV. MPNS.

Club de Fútbol S.D. Noalla

G36207231

Anexo III e IV. MNS

Club de Hóckey Isla Pancha

G27472539

Anexo IV e V

Club de Loita do Morrazo

G94019510

Anexo IV. MPNS

Club de Mar Ría de Aldán

G36043149

Anexo IV

Club de Tenis de Cangas (Cluteca)

G36177368

MNS

Club de Tenis de La Coruña

G15055288

MNS

Club de Tiro San Roque

G27135037

Anexo IV e V

Club Deportivo Btteiros Cova da Serpe

G27463306

MNS

Club Deportivo Coruña Sport Centre

G70412374

MNS

Club Deportivo Dodro

G15789266

MNS

Club Deportivo Fervello

G70301536

AEAT

Club Deportivo La Guía de Vigo

G36645612

Anexo IV e X. MNS

Club Deportivo Moaña

G36047793

MNS

Club Deportivo Ourela

G32441065

Anexo IV. MNS

Club Deportivo Tui Fútbol Sala

G94030541

Anexo IV

Club Escuela Deportiva Cotobade

G36524411

Anexo IV, V e X. MNS

Club Fútbol Sala Os Meigallos Sarria

G27326628

MPNS. MNS

Club Gimnasio Senra

G27147081

Anexo IV e X

Club Han’S Horang-I

V70145115

Anexo X. MPNS

Club Hípico Coles

G32363145

AEAT. MPNS

Club Independiente

G36894749

Anexo III, IV, V e X. MNS

Club Kuzushi

G36696227

Anexo IV

Club Natación Batalla de Rande

G05350533

MNS

Club Náutico Arcade

G36041465

MNS

Club Náutico Deportivo Barraña

G15966104

Anexo IV e V

Club Objetivo Trail

G27865104

Anexo IV

Club Pádel Rías Baixas

G67910711

Anexo IV e V. MNS

Club Petanca Condado Salvaterra

V36514529

Anexo IV. MPNS. MNS

Club Polideportivo Aspanaex

G36819779

Anexo IV e V

Club Polideportivo Saudade

G36662344

AEAT. Anexo IV, V e X. MPNS

Club Ría de Betanzos

G15128853

AEAT

Club Sanjuán Boxeo

G42810994

Anexo IV. MPNS

Club Sociedad Deportiva Vilasantar

G70593371

Anexos IV e V

Club Taekwondo Neka Monforte

G27379478

Anexo IV

Club Unión Deportiva Ferroviaria de Lugo

G27152149

Anexo III, IV e V. MNS

Club Unión Deportiva Paiosaco

G15364326

MNS

Club Volei Praia Vigo

G36990109

MPNS. MNS

Club Voleibol Cabo de Cruz

G15344203

AEAT. Anexo IV. MPNS

Club Waterpolo Lugo

G27500628

Anexo V

Clube de Loita Pontevedra

G36591626

Anexo IV. MPNS

Clube de Xadrez Recatelo

G27268887

MNS

Complejo Deportivo Ipadel, S.L.

B27796242

Anexo V. MNS

Concursos Hípicos No Camiño

G70586391

Non RED. MPNS

Dobok Escuela de Taekwondo

G70285119

Anexo III, IV, V e X. MNS

Escolas Deportivas Terras De Maside

G32501678

MPNS. MNS

Escuela de Karate Franza

G70190426

MNS

Escuela Deportiva Sey

G27810266

AEAT

F.C. Celta Barreiros

G27238500

Atriga e SS

Grupo de Montaña Alud

G36897437

Anexo IV

Hockey Club Liceo de La Coruña

G15075278

MPNS. MNS

Kids Riders Galicia

G02826139

Anexo IV e V. MNS

Locos por las Bicis

G94195930

Anexo III. MPNS

Lóstrego Club de Fútbol

G01666908

MNS

Mayli Jardines CF Veteranos

G15409667

MNS

Moto Club As Pontes Martín Vázquez Racing

G06799290

MNS

Motoclub VFM

G94110996

MNS

Oroso F.S. Clube Deportivo

G70345640

MNS

Prado Surf Clube

G36850014

Anexo IV. MPNS

Quenlla Surf Clube

G27864032

AEAT. Anexo IV. MPNS

Relámpago Taboada

G27479898

MNS

S. de Cazadores Santa María de Barazón

G15414386

MNS

Skate Club de Galicia

G70501028

MNS

Sociedad de Caza y Pesca Verdeseixo

G36110500

MPNS. MNS

Sociedad Deportiva Antas

G27124205

Anexo III, IV e V. MNS

Sociedad Deportiva Club Órdenes

G15127780

Anexo IV. MPNS

Sociedad Viguesa de Tiro Olímpico

B36631992

MNS

Sociedade Deportiva Rioaveso Machinango

G27223882

Anexo IV e X. MNS

Speedcross

G70604707

AEAT. Anexos IV, V e X

Verín Club de Fútbol

G32010431

Anexo IV

Ximnasia Rítmica Vilagarcía

G94159290

AEAT. MNS