Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28417

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia do Goberno

REAL DECRETO 373/2022, do 12 de maio, polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela.

De conformidade co disposto nos artigos 152.1 da Constitución e 15.2 do Estatuto de autonomía de Galicia,

Nomeo presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela, elixido polo Parlamento de Galicia na sesión celebrada os días 10 e 12 de maio de 2022.

Dado en Madrid o 12 de maio de 2022

FELIPE R.

Pedro Sánchez Pérez-Castejón
Presidente do Goberno