Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28666

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 60/2022, do 15 de maio, polo que se nomean os titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 58/2022, do 15 de maio, procede o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear titulares das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

– Francisco José Conde López, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.

– Diego Calvo Pouso, vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

– Miguel Corgos López-Prado, conselleiro de Facenda e Administración Pública.

– Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

– Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

– Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

– Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude.

– José González Vázquez, conselleiro do Medio Rural.

– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.

Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente