Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28674

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).

A Orde do 31 de decembro de 2021 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro de 2022), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas co grao de doutor que se atopen na data de peche da convocatoria nalgún dos seguintes supostos:

a) Que estivesen contratadas na modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2018 e non renunciasen ao contrato.

b) Que estivesen contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2017, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2021.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e, no artigo 2.2, os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Axencia Galega de Innovación, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 22 de marzo de 2022 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 10.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria. A Comisión de Selección elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas e, á vista de que se produce un empate na axuda número vinte entre dúas solicitudes das universidades do SUG que non se pode dirimir aplicando os criterios de desempate indicados na convocatoria, propuxo a concesión de 19 axudas e que a axuda número 20 se resolvese nun sorteo público, que tivo lugar o día 2 de maio de 2022, do que saíu a axuda número vinte e a solicitude que pasa a formar parte da lista de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

Esta convocatoria publicouse antes de que o Goberno entrase en funcións e a resolución entra dentro do despacho común dos asuntos de ambas as dúas consellerías, xa que o artigo 14 da convocatoria establece que os contratos financiados teñen que comezar no mes de maio de 2022.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 28 de abril de 2022, e o resultado do sorteo público realizado o día 2 de maio de 2022, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas para completar a etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2021 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de espera, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, de acordo co sorteo público que se realizou o día 2 de maio de 2022. Nesta lista figura a solicitude que alcanzou a nota mínima indicada no artigo 10.2 pero que non resultou beneficiaria da axuda tras o citado sorteo.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 16 de maio de 2022.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

Total

10.20.561B.444.0

UDC

1

18.522,22

39.000,00

20.477,78

78.000,00

10.20.561B.744.0

7.000,00

10.000,00

8.000,00

25.000,00

25.522,22

49.000,00

28.477,78

103.000,00

10.20.561B.444.0

USC

12

222.266,64

468.000,00

245.733,36

936.000,00

10.20.561B.744.0

84.000,00

120.000,00

96.000,00

300.000,00

306.266,64

588.000,00

341.733,36

1.236.000,00

10.20.561B.444.0

UVigo

7

129.655,54

273.000,00

143.344,46

546.000,00

10.20.561B.744.0

49.000,00

70.000,00

56.000,00

175.000,00

 

178.655,54

343.000,00

199.344,46

721.000,00

Total SUG

510.444,40

980.000,00

569.555,60

2.060.000,00

Demais entidades: 4 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

Total

06.A2.561A.403.0
(2016 00004)

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

1

18.522,22

39.000,00

20.477,78

78.000,00

06.A2.561A.703.0
(2016 00004)

7.000,00

10.000,00

8.000,00

25.000,00

25.522,22

49.000,00

28.477,78

103.000,00

06.A2.561A.481.0
(2016 00004)

Fundación Profesor Novoa Santos

1

18.522,22

39.000,00

20.477,78

78.000,00

06.A2.561A.781.0
(2016 00004)

7.000,00

10.000,00

8.000,00

25.000,00

25.522,22

49.000,00

28.477,78

103.000,00

Total outras entidades

51.044,44

98.000,00

56.955,56

206.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9 de febreiro de 2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

ED481D-2022-013

UDC

Moncunill

Solé

Blanca

Ciencias

89

Universidade de Santiago de Compostela

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

ED481D-2022-011

USC

Bermúdez

Beloso

Mariña

Artes e Humanidades

82

ED481D-2022-014

USC

de Azevedo

Gomes

Ana Manuela

Ciencias da Saúde

77

ED481D-2022-007

USC

Ferro

Costas

David

Ciencias

95,5

ED481D-2022-012

USC

García

Menéndez

Vanesa

Ciencias da Saúde

92

ED481D-2022-001

USC

García

Souto

Daniel

Ciencias da Saúde

82,5

ED481D-2022-010

USC

Maneiro

Rey

María

Ciencias

89

ED481D-2022-009

USC

Martínez

Ballesteros

Víctor Hugo

Ciencias Sociais e Xurídicas

85

ED481D-2022-015

USC

Montero

Ferrer

Carmen

Ciencias Sociais e Xurídicas

80

ED481D-2022-008

USC

Negri

Manuel

Artes e Humanidades

88

ED481D-2022-004

USC

Salas

Sánchez

Aarón Ángel

Enxeñaría e Arquitectura

83

ED481D-2022-016

USC

Sampedro

Mella

María Carmen

Artes e Humanidades

88

ED481D-2022-024

USC

Souto

Pereira

Sandra

Ciencias da Saúde

93,66

Universidade de Vigo

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

ED481D-2022-018

UVigo

Flórez

Fernández

Noelia

Enxeñaría e Arquitectura

78,5

ED481D-2022-023

UVigo

Méndez

Quintas

Eduardo

Artes e Humanidades

87

ED481D-2022-006

UVigo

Pérez

Paz

Alicia

Ciencias

77

ED481D-2022-021

UVigo

Rodríguez

Flores

María Shantal

Ciencias

85

ED481D-2022-022

UVigo

Sánchez

Vázquez

Pablo Breogán

Enxeñaría e Arquitectura

75

ED481D-2022-003

UVigo

Soto

Oñate

David

Ciencias Sociais e Xurídicas

80

ED481D-2022-020

UVigo

Vázquez

Domínguez

Marta

Ciencias

77,68

Outras entidades

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

IN606C-2022/002

Fundación Profesor Novoa Santos

López

Díaz

María

Ciencias da Saúde

76,50

IN606C-2022/001

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

López

Villamor

Adrián

Ciencias

76,00

ANEXO II

Lista de espera

Universidades do SUG

Orde

Nº exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota

1

ED481D-2022-002

USC

Benítez

Trinidad

Carlos

Artes e Humanidades

75,00