Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28968

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización para o ano 2022.

Mediante Resolución da Presidencia desta mancomunidade con data do 9 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal que cumpre co disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondentes aos postos que se indican a seguir:

Categoría laboral

Número de vacantes

Denominación

Grupo

Sistema de selección

Fixo a tempo completo

2

Traballador/a social

Asimilado A2

2 por concurso

Fixo a tempo completo

1

Técnico de urbanismo

Asimilado A2

1 por concurso

Publícase en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

A Gudiña, 9 de maio de 2022

Francisco Armando Veiga Romero
Presidente