Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28863

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4555/2020).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, letrado da Administración de xustiza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso contencioso-administrativo 4128/2016 desta sala, o Tribunal Supremo ditou a Sentenza 234/2022, do 23 de febreiro, firme, que resolveu definitivamente o recurso de casación nº 4555/2020, da Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo, interposto polos señores A.S.R. e M.J.S.R. contra a sentenza ditada por este tribunal e no que foi parte contra a que se recorreu o Concello de Ferrol, cuxa decisión, despois de reiterar a doutrina xurisprudencial establecida no seu fundamento xurídico quinto e de declarar casada e anulada a sentenza contra a que se recorreu, admitiu o recurso contencioso-administrativo e declarou a nulidade de pleno dereito do acordo do Pleno municipal do Concello de Ferrol, do 16 de decembro de 2015, polo que se aprobou definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 107.2 da LXCA, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2022

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza