Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28964

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ponteareas, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Por medio deste anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables a súa obrigación de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas, concedéndoselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Nº de expediente

Ref. catastral

Localización

Persoa responsable

616/2021

36042A007011320000DX

Lg. Chan de Espiño-Moreira

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

8268/2021

36042A045000270001FK

Lg. Covelo (O)-Arnoso

Fernández Castro, Gabino

10726/2021

36042A127002210000XZ

Lg. Pedra Bouza (A)-Ribadetea

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

2603/2022

36042A012002850000DW

Lg. Urcela-Moreira

En investigación

2871/2022

36042A130014650001MQ

Lg. Freixa (A)-Ribadetea

En investigación

36042A130814530001MH

Lg. Freixa (A)-Ribadetea

En investigación

3340/2022

36042A116020800001MB

Lg. Viso (O)-Xinzo

En investigación

3288/2022

36042A129001420000XZ

Lg Cillarga-Ribadetea

Francisco Javier González Lorenzo

Ponteareas, 28 de abril de 2022

María Cristina Fernández Davila
Alcaldesa