Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste Concello do 9 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización da contratación laboral temporal, en cumprimento do disposto no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondentes aos postos que se indican a seguir:

Categoría laboral

Especialidade

Núm. vacantes

Denominación

Grupo

Sistema de selección

Fixo a tempo completo

Sociosanitaria

5

Auxiliar de axuda no fogar

V

2 por concurso

3 por concurso-oposición

Fixo a tempo parcial

Sociosanitaria

3

Auxiliar de axuda no fogar

V

1 por concurso

2 por concurso-oposición

O que se publica en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

A Gudiña, 9 de maio de 2022

José María Lago Cabo
Alcalde