Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 16 de maio de 2022 Páx. 28952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 10 de maio de 2022 polo que se notifica o Acordo do 1 de marzo de 2022, sobre o recurso de alzada contra o Acordo do 22 de novembro de 2021, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias do Consello de Contas de Galicia, situadas na rúa Domingo Fontán, nº 7, en Santiago de Compostela, se desexa coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de recursos. Unha vez transcorrido o prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

DNI/NIF

Acto notificado

33295942S

Acordo da Comisión de Goberno