Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á Resolución do 27 de abril de 2022, de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Sucesores de Severino Gómez, S.A. para a fábrica de produtos para a construción, situada no concello de Tui (Pontevedra), con número de rexistro AAI 2006/0382_NAA/IPPC_109.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: fábrica de produtos para a construción

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Sucesores de Severino Gómez, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2006/0382_NAA/IPPC_109

Localización: concello de Tui (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-27

Esta resolución poderá consultarse en:

https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático