Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29028

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de maio de 2022 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música de Goián, do concello de Tomiño, no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A representación da Asociación Sociocultural de Goián solicita a inscrición da Escola de Música de Goián no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Inscrición no Rexistro de Escolas de Música

Autorizar a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música que se sinala:

Denominación: Escola de Música de Goián.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tomiño.

Enderezo: avenida Pío Troncoso, s/n.

Código postal: 36750.

Localidade: Tomiño.

Código do centro: 36025141.

Titular: Asociación Sociocultural de Goián.

Artigo 2. Réxime xurídico

Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade