Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29607

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2022 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2022

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Arteixo para a colaboración na realización dos traballos relacionados coa implantación dun sistema dixital para o inventario, xeorreferenciación e xestión das redes de servizos básicos municipais no seu ámbito territorial.

Establecer as pautas de colaboración entre o Concello de Arteixo, no marco dos traballos da súa competencia, que demandan os coñecementos e experiencia contrastados do IET, nos acordos e tarefas que servirán de apoio ás actuacións para desenvolver e dispoñer dunha ferramenta unificada SIX, que aglutine toda a información xeográfica relacionada cos servizos públicos no termo municipal e que sirva, ao mesmo tempo, como un instrumento de traballo útil para o persoal do Concello de Arteixo involucrado na súa xestión, e como un punto de consulta de información para o conxunto da cidadanía que simplifique os seus trámites co organismo xestor destes servizos de titularidade municipal.

Sen achega económica

31.3.2022

Convenio de colaboración educativa entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Socioloxía da UDC.

Regular un programa de prácticas académicas externas curriculares entre a UDC, a través do grupo de investigación Grupo de Estudos Territoriais da súa Facultade de Socioloxía e o IET, posibilitando aos estudantes da titulación do grao en Socioloxía da Universidade da Coruña a realización do practicum correspondente ao plan de estudos deste grao, dentro dos programas de cooperación educativa promovidos polo IET, e promovendo o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral dos/das futuros/as titulados/as universitarios/as.

As prácticas desenvolveranse nas instalacións do IET.

Sen achega económica

19.4.2022