De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Pontevedra, 29 de abril de 2022
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
PO-2021/00686 |
76828765W |
PO-2021/00686 |
77409091S |
PO-2022/00095 |
49331861N |
PO-2022/00095 |
AX795381 |