Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 26 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2022/54-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación da LMT SAC805 entre apoios B-4 e B-13.

Situación: lugar do Tiollo, concello de Amoeiro.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución de 10 apoios da LMTA SAC805, a 20 kV, por deterioración ou por resultaren inadecuados ás novas condicións de explotación, instalando apoios metálicos, co cambio de condutor a LA-56 na zona afectada e o seu retensado en zonas contiguas. A reforma ten a súa orixe no apoio proxectado B78SCXC3P//30-10-B-3 e o remate no apoio existente B7TCDXG7//30-10-B-15.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado nº 482 do COITIOU, o 30.9.2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 26 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/54-3.

Termo municipal: Amoeiro.

Denominación da instalación: regulamentación da LMT SAC805 entre apoios B-4 e B-13.

Predios

Propietarios

Afección apoio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Superficie ocupada (m2)

1

Peza

Prado

María del Carmen Álvarez Quintas

B-3

2

3

Tiollos

M. alto

Hrdos. de Darío Rodríguez Dopazo

B-5

1

4

Tiollos

Prado

Eva Beatriz González Otero

María Rosa González Otero

B-5

1

8

Santa Marta

M. alto

Amalia Gutiérrez Dopazo

B-11

2

10

A Veiga

M. alto

Hrdos. de Aquilino López Pulido

Rpta.: José López Pulido

B-13

2

11

A Veiga

M. alto

Hrdos. de Isaac Pulido Borrajo

B-14

2