Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29460

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción de videoxogos ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207K).

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia e fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a súa exportación. Os destinatarios da actividade da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Neste sentido, a Axencia Galega das Industrias Culturais concorda coa posición da Comisión Europea, que considera que as industrias culturais e creativas xogan un papel estratéxico no crecemento económico, particularmente pola contribución ao emprego de calidade e a produción de alto valor engadido.

Por iso, aproveitando o financiamento europeo, desde a Axencia púxose en marcha o Hub do audiovisual e a industria cultural creativa, que recolle, entre as súas propostas diversas, liñas de acción para o impulso dos sectores culturais creativos. Dentro do paraugas do Hub abríuse unha liña de traballo específica para o sector do videoxogo, co obxectivo de apoiar e impulsar un sector que ata hai pouco non tiña ese recoñecemento de industria cultural mais, hoxe en día, ninguén dúbida da súa contribución á cultura.

Neste contexto, por primeira vez deséñase unha liña de axudas destinada ao sector dos videoxogos, dirixida a posicionar Galicia como un referente na xeración de contidos e producións competitivas a nivel global e, particularmente, fomentar a competitividade tecnolóxica e non tecnolóxica das empresas galegas de toda a cadea de valor do videoxogo, no convencemento da oportunidade que representa para a industria cultural galega.

Esta nova liña de subvencións incluída no proxecto Hub audiovisual-industria cultural está vinculada ao programa REACT da Unión Europea, actuación 20.1.3.2.4 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega, que promove a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, co que se pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sustentables que integren a totalidade da cadea de valor desta industria.

A Estratexia Europa 2020 (EE2020) fixa o marco xeral de actuación cara ao que deben enfocarse os esforzos da política de cohesión europea, que financian os fondos estruturais e de investimento europeos, entre eles o Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder). A EE2020 fixa tres modelos de crecemento e desenvolvemento, así como os criterios de intervención para logralos:

1. Desenvolvemento intelixente: favorecer unha economía fundamentada no coñecemento e na innovación.

2. Desenvolvemento sustentable: promoción dunha economía máis eficiente no uso dos recursos, máis ecolóxica e competitiva.

3. Desenvolvemento integrador: fomento dunha economía con altas taxas de emprego que permita avanzar na cohesión social territorial.

Neste contexto, a UE recomenda que a intervención dos fondos Feder no ámbito da cultura debe ir dirixida ao apoio dos sectores culturais estreitamente ligados á innovación e á creatividade. Por iso, o impulso ás industrias culturais e creativas, co fin de desenvolver a competitividade para que contribúa ao emprego e ao crecemento, resulta tan importante. Desde Agadic considérase que o sector dos videoxogos ten un campo de expansión e un potencial estratéxicos que responde perfectamente ás directrices da UE.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción do sector dos videoxogos que permitan un pulo ás empresas deste sector dentro das accións que se levan a cabo ao abeiro do programa Hub audiovisual e industria creativa galega.

Con esta convocatoria de axudas preténdese apoiar todos os procesos da cadea de valor do sector dos videoxogos de cara a promover contidos sólidos, ambiciosos e competitivos no mercado global. O obxectivo último é promover proxectos de propiedade industrial galega que contribúan ao fortalecemento do sector.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción do sector dos videoxogos da Axencia Galega das Industrias Culturais ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiado ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no marco do eixe REACT-UE, actuación 20.1.3.2.4 de axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207K).

2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.

3. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

4. Estas subvencións financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Galega das Industrias Culturais asignados para esta finalidade nos orzamentos 2022 e 2023 do ente, a través da aplicación 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001.

5. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria, e cumpran cos requisitos exixidos no artigo 3 das bases reguladoras.

6. Solicitudes.

6.1. Para poder ser persoa beneficiaria destas subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras.

6.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

7. Prazo de duración do procedemento de concesión.

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva, establecéndose os criterios de selección no artigo 17 das bases reguladoras, e non poderá exceder de cinco meses contados a partir do día seguinte á presentación da solicitude.

8. Información ás persoas interesadas.

8.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: htpp://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

8.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

8.3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

9. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.

10. Base de datos nacional de subvencións.

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a promoción
do sector dos videoxogos, ao abeiro do programa Hub da industria creativa
galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020,
no marco do eixe REACT-UE (código de procedemento CT207K)

Artigo 1. Obxecto e actuacións subvencionables

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a promoción dos videoxogos, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207K).

2. Estas subvencións serán tramitadas e concedidas en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

4. Finalidades.

a) Permitir o desenvolvemento, produción, edición, distribución e/ou comercialización de proxectos do sector do videoxogo.

b) Permitir xerar emprego, fomentando o desenvolvemento, a profesionalización e a vertebración do sector dos videoxogos, así como fomentar a presenza da muller na industria e impulsar a consecución da igualdade de xénero.

c) Determinar unha estratexia de comunicación e márketing para aumentar a visibilidade dos videoxogos que responden ás características das condicións e requisitos establecidos nestas bases.

d) Estimular a participación do sector privado e o mecenado cultural para o desenvolvemento de videoxogos.

5. Terán a consideración de proxectos subvencionables aqueles proxectos dirixidos ao desenvolvemento dun videoxogo en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, comercialización, distribución e difusión, na súa fase de prototipo, sempre que:

a) Non estea vinculado á promoción ou publicidade dunha marca empresarial.

b) Non sexa un videoxogo xa publicado.

Para os efectos desta convocatoria, enténdese por:

– Prototipo: unha primeira versión funcional xogable dun videoxogo, de contido limitado con respecto ao que sería o videoxogo terminado, pero que permite avaliar as súas dinámicas e a súa calidade representativa para mostrar o produto final (demo vs. vertical slice).

– Videoxogo publicado: aquel que está dispoñible ao público na súa versión final, en calquera formato, físico ou dixital, e por calquera medio, gratuíto ou de pagamento.

– Distribución: a colocación do videoxogo nas canles tradicionais existentes, como PC, consolas, móbil, TV ou plataformas streaming e as canles emerxentes para a industria como cloud gaming e outras.

6. Os proxectos poden dirixirse a unha das dúas modalidades:

a) Modalidade A. Son os proxectos que deben presentar un orzamento mínimo subvencionable de máis de 200.000,00 euros.

b) Modalidade B. Son os proxectos que deben presentar un orzamento mínimo subvencionable de 40.000 euros ata 200.000 euros.

Artigo 2. Financiamento

1. Estas subvencións teñen carácter plurianual e financiaranse cun crédito total de 500.000 euros, para as anualidades 2022 e 2023, imputables á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0, código de proxecto 2021 00001, da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa seguinte distribución por anualidades e modalidades:

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Modalidade A

100.000,00 €

100.000,00 €

Modalidade B

150.000,00 €

150.000,00 €

Total

250.000,00 €

250.000,00 €

2. Os gastos admisibles serán os que fosen realizados e pagados entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 1 de xullo de 2023. O período de execución subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte ao da presentación da solicitude ata o 1 de xullo de 2023.

3. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de acordo coa orde de prelación de solicitudes establecida no artigo 1.3.

4. No caso de que os créditos fosen ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esa convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No caso de existiren solicitudes que non acaden o dereito á subvención por terse esgotado o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de espera formada polas persoas solicitantes que poderán ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.

6. Para o caso de que non se esgote o crédito destinado a unha categoría, poderá realizarse unha nova redistribución, incrementando a outra categoría. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

7. Estas axudas están financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no eixe REACT-UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, polo que son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto

Concretamente, esta actuación corresponde a:

Eixe prioritario 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Prioridade de investimento 13i. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo específico OE 20.1.3.2 OE REACT-UE 3.2.

Actuación CPSO 20.1.3.2.4. Axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega.

Campo de intervención 067-Desenvolvemento empresarial das pemes, apoio ao espírito de empresa e a incubación (incluíndo o apoio a empresas incipientes e empresas derivadas).

Liña de actuación 81-Medidas de impulso do sector audiovisual.

Indicador de resultado: R030A-Taxa de supervivencia nacional/rexional de pemes no 4º ano de vida.

8. Os indicadores de produtividade relativos a esta convocatoria son:

– CO01 Número de empresas que reciben axudas.

– CO02 Número de empresas que reciben subvencións.

– CO05 Número de novas empresas beneficiarias da axuda.

Artigo 3. Requisitos para adquirir a condición de persoa beneficiaria

1. Poderán optar a estas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme), segundo a definición contida no Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, microempresa é a que ocupa menos de 10 persoas, cun volume de facturación e balance xeral anual menor ou igual a dous millóns de euros; pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

O órgano xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

3. Non poderán ter a consideración de persoas beneficiarias:

a) As empresas ou persoas traballadoras autónomas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

b) As agrupacións de interese económico.

c) As asociacións e outras figuras sen ánimo de lucro e as empresas e outros entes públicos.

d) As persoas en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.

5. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Posuír os dereitos de propiedade intelectual que permitan desenvolver correctamente o proxecto proposto nesta convocatoria, así como as autorizacións ou permisos necesarios para poder crealo e desenvolvelo, para o caso de que o proxecto en cuestión se basease nalgún tipo de dereito intelectual preexistente ou alleo á persoa solicitante.

b) Presentar unha única solicitude por empresa e para un único proxecto.

c) Desenvolver a súa actividade dentro da UE. No suposto de que o beneficiario a desenvolva fóra, perderá o dereito ao cobramento da axuda e deberán reintegrar as cantidades percibidas indebidamente.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividades subvencionada, realizados e pagados entre o día seguinte ao da presentación da solicitude destas axudas e o 1 de xullo de 2023, tales como:

a) Custos de persoal ou servizos profesionais asociados á programación, artes gráficas, deseño do xogo, deseño narrativo, creación de música, son e efectos, probas de validación e calidade, produción ou tradución. Consideraranse subvencionables os gastos de persoal que subscribisen un contrato específico, conforme unha categoría laboral asignada para a realización da actividade subvencionada, así como os contratos de profesionais para a realización de tarefas vinculadas ao proxecto nos ámbitos anteriormente descritos.

b) Custos de ferramentas de hardware e software necesarios para o desenvolvemento do videoxogo, como compra de licenzas ou canons se a súa característica é de ben consumible e a súa única utilidade o proxecto presentado. Para o caso de que puider ter outros usos polo valor que correspondería á súa amortización, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 27/20214, do 27 de novembro, de imposto de sociedades, polo seu uso no período de execución do proxecto. En ningún caso o custo de adquisición poderá ser superior ao valor de mercado.

c) Gastos derivados da presentación do proxecto en eventos, feiras e encontros profesionais do sector dos videoxogos, ademais da inscrición, de ser o caso. O custo de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día.

2. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os gastos relativos a impostos indirectos, en concreto o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias e demais gastos financeiros, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais. Tampouco terán a consideración de gastos subvencionables os gastos administrativos ou de mantemento formal da empresa, como gastos en xestorías, notarías ou similares.

3. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 e a HAC/114/2021, do 5 de febreiro, que a modifica.

4. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

Artigo 5. Contía da subvención

Os proxectos obxecto de subvención poderán acadar unha intensidade e unha contía máxima de axuda por solicitude en función do custo total subvencionable do proxecto, segundo a súa modalidade:

– Modalidade A. Proxectos cun orzamento subvencionable de máis de 200.000 euros, a intensidade da axuda poderá ser do 25 % do gasto subvencionable e unha contía máxima de subvención de 100.000 euros.

– Modalidade B. Proxectos cun orzamento subvencionable mínimo de 40.000 euros e máximo de 200.000 euros, a intensidade da axuda poderá acadar o 75 % do gasto subvencionable e unha contía máxima de 50.000 euros.

Artigo 6. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que a persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros produtores a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social do produtor co que se pretenda contratar a actividade.

2. Non se considera subcontratación a contratación de calquera actividade ou servizos con profesionais ou empresas en cuxo obxecto social non se inclúa a produción cinematográfica.

3. Admitirase a subcontratación con outras produtoras para a execución das tarefas de desenvolvemento cando exista entre ambas un acordo/contrato de co-desenvolvemento ou co-produción.

4. Admitirase a subcontratación de actividades e servizos con produtores co límite máximo do 20 por cen do custo subvencionable de cada proxecto, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, poidan incluírse facturas relativas a gastos de persoal.

5. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude (anexo II) a persoa solicitante ou representante terá que facer as seguintes declaracións responsables:

3.1. Que a entidade solicitante posúe os dereitos de propiedade intelectual que lle permiten desenvolver correctamente o proxecto proposto nesta convocatoria, así como as autorizacións ou permisos necesarios para poder crealo e desenvolvelo, para o caso de que o proxecto en cuestión se basease nalgún tipo de dereito intelectual preexistente ou alleo á persoa solicitante.

3.2. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

3.3. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.4. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.5. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3.6. Declaración responsable de que a persoa solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas.

3.7. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

3.8. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

3.9. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

3.10. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3.11. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

3.12. Declaración responsable de ser peme. O organismo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas teñan a dita condición.

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

2. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

1.1. Documentación administrativa:

a) Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

d) Copia da documentación acreditativa de que cada proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compras sobre eles.

1.2. Documentación técnica.

A persoa solicitante deberá achegar un dossier (anexo III) relativo ao proxecto que deberá conter, nun máximo de 20 páxinas, polo menos, os seguintes:

a) Descrición do proxecto. A persoa solicitante deberá describir o proxecto, en cuestións como: concepto, historial de versións, a mecánica do xogo, o estado dos xogos, interfases, niveis, guión, progreso, contido (personaxes, habilidades, escenarios...), música, imaxes e calquera outro aspecto que considere relevante para a mellor comprensión do proxecto.

b) Descrición das características técnicas e artísticas do proxecto. Trátase de coñecer o alcance da innovación e novidade do proxecto, polo que a persoa solicitante deberá incluír cuestións como: orixinalidade do guión, do concepto e do contido do xogo; optimización; simulación física; técnica de representación gráfica e realización; inmersión e uso do 2D/3D, así como calquera outro aspecto que considere relevante para pór en valor a contribución do proxecto ao mundo do videoxogo.

c) Ficha técnica do equipo onde se reflicta un breve currículo de cada unha das persoas que o forman, así como as funcións que asume cada unha delas e o tempo de traballo dedicado ao proxecto.

d) Plan de produción, en que indique as distintas fases e prazos do desenvolvemento do proxecto e expresamente, o momento en que se considera que se conseguirá o prototipo xogable do videoxogo, así como a data de finalización completa do videoxogo.

e) Orzamento de gastos de desenvolvemento do proxecto, segundo o modelo do anexo IV.

f) Plan de financiamento do proxecto, onde se indicarán, de ser o caso, as distintas fontes de financiamento e un plan de negocio.

g) Calquera outra documentación que a persoa solicitante xulgue conveniente para a mellor defensa do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificacións

1 As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpra a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquelas cumpran as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

a) Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

b) Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

c) Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria a persoas profesionais ou expertas na materia, ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir as persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Constituiranse dúas comisións de valoración, nomeadas pola dirección da Agadic que, como órganos colexiados, examinarán os proxectos, asignarán as puntuacións de forma motivada, redactarán acta e elaborarán un informe preceptivo conxunto en que se establecerá a prelación de solicitudes.

2. Estas comisións de valoración estarán formadas polas seguintes persoas: dúas persoas profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos audiovisual e/ou cultural en xeral, das cales unha exercerá como presidente e terá voto de calidade en caso de empate, para avaliación dos criterios subxectivos, e dúas persoas pertencentes ao cadro de persoal da Agadic de entre os grupos I, II e III para a avaliación dos criterios obxectivos. Actuará como secretaria ou secretario unha persoa do cadro de persoal da Agadic en cada unha das comisións.

3. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se da algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

4. As comisións puntuarán cada un dos criterios e para cada unha das solicitudes, de forma motivada, e farán un informe conxunto en que se recolla a listaxe de solicitudes e a puntuación acadada por cada proxecto.

Previamente á súa cualificación concretarán cada un dos criterios subxectivos para aplicalos de forma homoxénea. Esta concreción será incorporada na acta redactada polo secretario/a e, unha vez examinados os proxectos, emitirá informe motivado das puntuacións de cada un deles.

Artigo 16. Criterios de valoración

Os criterios de valoración que rexerán a puntuación dos proxectos son:

a) Criterios automáticos para proxectos da modalidade A:

Criterios automáticos

50 puntos

1. Interese cultural.

10

a) A temática do proxecto está relacionada directamente con algunha das manifestacións culturais das artes plásticas como a pintura ou a escultura; das artes escénicas como o teatro, a música, a danza ou circo; da literatura, da arquitectura ou calquera outra manifestación da creatividade e creación artística

4

b) A temática do proxecto está relacionada estreitamente coa diversidade cultural, coa historia e o patrimonio cultural ou natural de Galicia ou coas rutas de peregrinación no mundo e o seu significado

2

c) A temática do proxecto fomenta e permite a promoción e o impulso da lingua galega nas materias e cuestións relacionadas nos puntos anteriores

2

d) A temática está dirixida ao público infantil e xuvenil e transmite valores contidos nos ODS, particularmente a igualdade, a diversidade funcional....

2

2. Emprego. Valórase o emprego directo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención.

10

a) Ata 3 persoas traballadoras

4

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

8

c) Máis de 11 persoas traballadoras

10

3. Emprego feminino. Valórase o emprego feminino directo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención.

6

a) Ata o 25 % do emprego é feminino

1

b) Entre o 26 e o 49 % do emprego é feminino

4

c) Máis do 49 % do emprego é feminino

6

4. Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado.

14

a) Ata o 10 %

14

b) Máis do 11 % ata o 20 %

8

c) Máis do 21 % ata o 25 %

3

5. Público a que se dirixe.

10

a) Todos os públicos

4

b) Público xuvenil (15-30)

4

c) Persoas con diversidade funcional

2

b) Criterios automáticos para proxectos da modalidade B:

Criterios automáticos

50 puntos

1. Interese cultural.

10

a) A temática do proxecto está relacionada directamente con algunha das manifestacións culturais das artes plásticas como a pintura ou a escultura; das artes escénicas como o teatro, a música, a danza ou circo; da literatura, da arquitectura ou calquera outra manifestación da creatividade e creación artística

4

b) A temática do proxecto está relacionada estreitamente coa diversidade cultural, coa historia e o patrimonio cultural ou natural de Galicia ou coas rutas de peregrinación no mundo e o seu significado

2

c) A temática do proxecto fomenta e permite a promoción e o impulso da lingua galega nas materias e cuestións relacionadas nos puntos anteriores

2

d) A temática está dirixida ao público infantil e xuvenil e transmite valores contidos nos ODS, particularmente a igualdade, a diversidade funcional....

2

2. Emprego. Valórase o emprego directo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención.

10

a) Ata 3 persoas traballadoras

4

b) Desde 4 ata 10 persoas traballadoras

8

c) Máis de 11 persoas traballadoras

10

3. Emprego feminino. Valórase o emprego feminino directo vinculado á entidade beneficiaria para o proxecto obxecto desta subvención.

6

a) Ata o 25 % do emprego é feminino

1

b) Entre o 26 e o 49 % do emprego é feminino

4

c) Máis do 49 % do emprego é feminino

6

4. Porcentaxe da axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado.

14

a) Ata o 30 %

14

b) Máis do 31 % ata o 50 %

8

c) Máis do 51 % ata o 75 %

3

5. Público a que se dirixe.

10

a) Todos os públicos

4

b) Público xuvenil (15-30)

4

c) Persoas con diversidade funcional

2

c) Criterios técnicos para ambas as dúas modalidades:

Criterios técnicos (memorias específicas de cada epígrafe)

40 puntos

a) Memoria técnica en que se describan a relevancia, o grao de innovación e a consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade artística e técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que pode achegar ao ecosistema do mundo dos videoxogos. Analizaranse cuestións técnicas como a calidade do deseño gráfico, do son, da música e do deseño da produción e aspectos artísticos como a calidade do contido, da narrativa e a orixinalidade

Ata 10

b) Proxecto transformador. Valorarase a capacidade do proxecto de xerar sinerxías entre diferentes axentes que favorezan alianzas transectoriais, e prime a investigación, a experimentación e a innovación

Ata 7

c) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcados, así como o peso no orzamentos doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas, coa pretensión de sustentabilidade no tempo

Ata 8

d) Incorporación de ferramentas de medición e avaliación dos distintos impactos do proxecto: cultural, económico, social, laboral, etc.

Ata 8

e) Adecuación do proxecto ás finalidades e aos obxectivos establecidos nestas bases; valorarase positivamente a complementariedade das actuacións que formen parte do proxecto

Ata 7

Artigo 17. Resolución e notificación

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e unha vez entregado o informe preceptivo por parte da Comisión de Valoración, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor segundo a disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

a) A relación de persoas beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada persoa beneficiaria un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

5. A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión da operación e os seus datos na listaxe de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (RDC), e de acordo cos requisitos previstos no anexo XII do devandito regulamento, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda. https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

6. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

7. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de cinco meses, contados a partir do día seguinte á presentación das solicitudes. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

8. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, a notificación individual de concesión da axuda poderase acompañar tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal, con indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deberán obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, isto poderá dar lugar a que o órgano concedente modifique a resolución de concesión.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin os dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa do órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecte custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da persoa beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada da solicitude de modificación no rexistro.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificarse ao interesado.

6. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada, sempre respectando as limitacións establecidas no artigo 35.5 do Decreto 11/2009.

Artigo 19. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 20. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso, ou desde o día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e o Regulamento (UE) núm. 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e os principais avances.

Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia e a frase «Axencia Galega das Industrias Culturais», así como financiado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que recibiu o apoio da Xunta de Galicia.

As instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade da axuda estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (http://www.agadic.gal), na súa epígrafe de axudas.

Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención.

k) Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá, durante a realización da operación e en toda a documentación que se xere vinculada a esta subvención:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo Feder e unha mención a que a operación está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Tamén se incluirá o lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto, facendo unha breve descrición na páxina web da entidade beneficiaria, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, destacando o apoio financeiro da Unión, e colocando un cartel con información sobre o proxecto dun tamaño mínimo A3 en que se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo, a entrada dun edificio. Cando se mencione o fondo Feder, completarase cunha referencia relativa a que se financia como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

l) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados ao abeiro desta resolución.

m) Conservar os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

O órgano concedente informará a persoa beneficiaria da data de inicio a que se refire esta obriga.

4. Entregar na Agadic o seguinte material xustificativo:

4.1. Prototipo xogable do videoxogo.

4.2. Contratos definitivos de compra de dereitos, de ser o caso.

4.3. Xustificante de inscrición do proxecto no Rexistro de Propiedade Intelectual.

4.4. Plan de financiamento coas diferentes entradas comprometidas ou en negociación, debidamente xustificadas.

4.5. Materiais de produción e promoción elaborados.

4.6. Memoria explicativa dos contactos realizados durante a fase de desenvolvemento, situación actual e evolución do proxecto.

4.7. Vídeo gameplay ou trailer do proxecto coa autorización para a súa utilización pola Agadic a efectos de promoción e difusión do sector.

5. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión do proxecto (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades de promoción.

Artigo 22. Pagamento e xustificación

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexo V), orzamento de gastos do proxecto, e (anexo VI), declaración de axudas.

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Para a realización dos pagamentos á conta ou dos pagamentos anticipados, as persoas beneficiarias estarán exoneradas de constituír as garantías a que fan referencia os artigos 62.3 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en aplicación da excepción prevista no seu artigo 67.4.

3. Pagamentos anticipados.

As persoas beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida sen que se superen as cantidades previstas para cada anualidade, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que prevé a excepcionalidade de modificar as porcentaxes sinaladas no artigo 63.2, logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

4. Pagamentos á conta.

As persoas beneficiarias poderán solicitar pagamentos a conta ata un 80 % da subvención concedida sen que se superen as cantidades previstas para cada anualidade, respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a súa xustificación.

5. De conformidade co disposto no artigo 62.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o conxunto dos pagamentos á conta e pagamentos anticipados que se poidan conceder non superarán o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, sen que se superen as cantidades previstas para cada anualidade.

6. Só serán computados para os efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a persoa beneficiaria da subvención e cuxo expedidor quede identificado nelas. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberá presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da copia da documentación acreditativa do seu pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos por parte da persoa beneficiaria.

7. Os prazos para a xustificación son os seguintes:

– Primeira anualidade: desde a resolución definitiva de concesión ata o 1 de decembro de 2022.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de xullo de 2023.

8. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, as modificacións autorizadas ou as reasignacións efectuadas. Se a xustificación fose inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

9. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, no caso de habelas, e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 23. Informe de auditoría e conta xustificativa

1. Con carácter xeral, deberase acreditar o custo final da totalidade dos gastos derivados dos traballos de desenvolvemento dos proxectos, mediante unha conta xustificativa acompañada dun informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas. O auditor de contas levará a cabo a revisión do gasto subvencionable, de acordo co establecido nas presentes bases, e de acordo coas normas de procedemento previstas na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, unha vez estudados os rexistros contables da empresa produtora debidamente dilixenciados.

O devandito informe deberá conter a descrición do alcance dos traballos realizados, referencia aos procedementos efectuados ou descrición destes nun anexo, conclusión do auditor en que indique que o estado de custos do desenvolvemento do paquete de propostas se preparou segundo o establecido nesta resolución, nome do auditor, sinatura e data.

Sen prexuízo do anterior, a Agadic, no exercicio das súas facultades de comprobación, e dentro do período que ten a Administración para recoñecer ou liquidar un reintegro de subvencións para cuxa concesión se tivo en conta o custo, poderá solicitar a documentación xustificativa ou incluso unha nova auditoría que efectuará un auditor designado pola Agadic e ao seu cargo.

2. Na realización do informe de auditoría deberá facerse indicación específica das seguintes cuestións:

a) No que se refire aos custos de persoal, a análise dos conceptos deberá comprender a totalidade dos gastos que deban ser cubertos de conformidade coa lexislación vixente, e comprobar, en especial:

1º. Contratos laborais formalizados pola persoa beneficiaria da subvención para a realización do proxecto subvencionado, en que se reflictan os salarios, así como os documentos onde consten as horas extraordinarias e outros conceptos retributivos salariais e extrasalariais, de conformidade coa normativa laboral aplicable, e a retribución que de ser o caso correspondese, así como as nóminas referentes aos devanditos contratos e os documentos acreditativos da identidade das persoas a que se refiren. As axudas de custo unicamente se recoñecerán como custo de persoal cando sexan incluídas na nómina.

2º. Contratos mercantís formalizados entre a persoa beneficiaria e o persoal autónomo, así como as facturas relativas a tales contratos.

3º. Contratos de adquisición dos dereitos de propiedade intelectual, así como as facturas relativas aos devanditos contratos.

b) Situación relativa ao pagamento de todas as partidas que compoñen o custo subvencionable, con indicación expresa de que os custos que se consideran subvencionables foron efectivamente pagados pola persoa beneficiaria aos acredores.

c) Situación relativa á presentación da declaración das facturas ante a Facenda pública, nos casos en que así o exixa a súa normativa específica.

d) Coincidencias ou contradicións entre as bases declaradas en materia de impostos e Seguridade Social e as rexistradas contablemente.

e) Liquidación e pagamento de tributos devindicados durante o desenvolvemento dos proxectos, detallando o importe bruto das cantidades derivadas dos contratos sobre as que non se practicaron retencións, así como o motivo de tales circunstancias.

f) Situación relativa ás pólizas de préstamo para a realización do desenvolvemento dos proxectos, se as houber, con indicación de se os xuros corresponden ao tipo pactado e ao período de vixencia da póliza. Así mesmo, cumprimento dos requisitos establecidos para os préstamos formalizados con persoas físicas ou xurídicas distintas das anteriores.

g) De ser o caso, indicación das subvencións percibidas e das achegas realizadas por calquera Administración, entidade ou empresa de titularidade pública, para o proxecto subvencionado, con indicación expresa do cumprimento dos límites máximos de subvencións.

h) Indicación das partidas facturadas mediante subcontratación por empresas alleas ou vinculadas á entidade solicitante, con especificación do cumprimento dos requisitos sinalados na base anterior, así como a relación de empresas subcontratistas.

i) Especificación do cumprimento do sinalado nestas bases en relación coas partidas non subvencionables.

3. Nos casos en que a persoa beneficiaria estea obrigada a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 19/1988, do 12 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o mesmo auditor. Noutro caso, a designación do auditor será realizada pola persoa beneficiaria. A persoa beneficiaria estará obrigada a poñer á disposición do auditor de contas cantos libros, rexistros e documentos lle sexan exixibles en aplicación do disposto na letra f) do artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, así como a conservalos para as actuacións de comprobación e control previstas na lei.

4. Ademais do informe de auditoría, a persoa beneficiaria entregará unha conta xustificativa que deberá incluír a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas do artigo 22. A conta xustificativa deberá incluír:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e investimentos correspondentes a cada proxecto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Así mesmo, indicará as desviacións producidas nos conceptos de gasto en relación co orzamento presentado na solicitude e no cal se basea a concesión da subvención.

c) A persoa beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo VI).

d) Os tres orzamentos que deba ter solicitado a persoa beneficiaria, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 24. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito a cobrar a subvención que a persoa beneficiaria incumpra a súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 25. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que se concedeu a axuda.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 26. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento procederá o reintegro parcial do seguinte xeito:

a) Se se incumprise a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte da suma de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro, nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc), estas deberán xustificarse en todo caso para pagar a subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 27. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 28. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión do programa operativo Feder, así como ás verificacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 29. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, supletoriamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema; Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, e Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, que modifica o anterior.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello.

2.2. Regulamento (UE) núm. 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1080/2006.

2.3. Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.4. Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro, pola que se modifica a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos Programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2.5. Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2.6 Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) núm. 1301/2013, (UE) núm. 1303/2013 e (UE) núm. 508/2014, no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

2.7. Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1301/2013 e (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao gromo da COVID-19.

2.8. Regulamento (UE) 2020/2221 que establece as normas e disposicións de execución referentes aos recursos adicionais achegados en calidade de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE), a fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

2.9. Regulamento UE núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado e se regulan os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, e o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais.

Artigo 30. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 31. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file