Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 19 de maio de 2022 Páx. 29824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello, do 26 de abril de 2022, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se indican para o ano 2022:

Persoal funcionario:

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Vacantes

Data de adscrición

C2/C1

A.X.

Auxiliar administrativo

Non

21.7.2005

AP/C2

A.X.

Subalterna/auxiliar

Non

21.7.2005

A2

A.E.

Técnico medio

Non

29.2.2006

A2

A.E.

Traballadora social

Non

1.10.2007

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Pazos de Borbén, 26 de abril de 2022

Andrés Iglesias Rodríguez
Alcalde