Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de maio de 2022, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a folla de valoración fundada da Administración ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/17/149.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo, a folla de valoración fundada da Administración, do expediente expropiatorio polas obras do plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-551, p.q. 29+000 a 32+700, de clave PO/17/149.06, no concello de Moaña, porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, e coñecer o contido íntegro desta folla de aprecio fundada da Administración. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 4 de maio de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

5

36029A03800322

González Pequeño, Delia