Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento competencia desta xefatura (expediente 2019/326-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado emprázanse as persoas citadas no anexo, para notificar a resolución ditada no procedemento instruído en relación co expediente que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas por si ou a través da persoa ou persoas que legalmente a representen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase practicada ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 4 de abril de 2022

Mª José Pérez-Izaquirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2019/326-36.

Persoas interesadas: 53182133S e 35319611Y.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 17 de marzo de 2022.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.