Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten á información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Beade e Carballeda de Avia (expediente IN407A 2022/55-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese á información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentacion LMT CAS802-CT 32C021 As Regadas.

Situación: lugar das Regadas, concellos de Beade e Carballeda de Avia.

Características principais recollidas no proxecto:

Substitución do centro de transformación (CT) matrícula 32C012 As Regadas, en caseta, debido a que presenta varios defectos, e dotación dun novo CT intemperie sobre o apoio proxectado, de 100 kVA de potencia aparente e r/t 20.000/400-230 V.

Reforma da LMT a 20 kV, derivada da CAS802, en condutor tipo LA-56, de alimentación ao novo CTI nas Regadas.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa da construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado nº 482 do Coitiou, o 14.10.2021.

2. A relación concreta e individualizada das persoas propietarias dos bens e dos dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das que, sendo titulares de dereitos reais ou de intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación se poderá examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 28 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/55-3.

Concellos: Beade e Carballeda de Avia.

Denominación da instalación: regulamentación LMT CAS802-CT 32C021 As Regadas.

Predio núm. en proxecto: 1.

Lugar: Seara.

Cultivo: videira secaña.

Titular: descoñecido/a.

Afeccións: apoio núm. AT6TCHE5//77-14-4 (CTI) cunha superficie de ocupación de 14 m2.