Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 23 de maio de 2022 Páx. 30441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e definición de aliñacións en parcela privada, promovido por Cedeira Apartamentos, S.L. (expediente 2022/X999/000100).

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 234/2022, do 9.5.2022, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e definición de aliñacións na parcela sita na Travesía da Praia nº 12, esquina Camiño Real da Magdalena, promovido por Cedeira Apartamentos, S.L. e redactado polo arquitecto Diego Pérez Bargiela, asinado dixitalmente o 20.4.2022.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, o expediente sométese a información pública por un prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no taboleiro municipal, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultar o expediente e, de ser o caso, presentar as alegacións, suxestións ou documentos que considere pertinentes.

A documentación do estudo de detalle poderá consultarse no Departamento de Urbanismo do Concello de Cedeira (r/ Real nº 15), mediante cita previa das 9.00 ás 14.00 horas, ou na sede electrónica do Concello, no enderezo https://sede.cedeira.gal

Cedeira, 9 de maio de 2022

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde