Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Carballal de Lobos, de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Seoane, do concello da Veiga.

De conformidade co establecido no artigo 11.3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que, por espazo de dous (2) meses que computarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, se abre un período de información pública do procedemento de inscrición de oficio no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Carballal de Lobos, de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Seoane, do concello da Veiga.

Durante o período de exposición, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes de Ourense os documentos seguintes:

– Memoria xustificativa.

– Plano da masa.

– Listaxe de parcelas catastrais afectadas.

– Informe favorable do Servizo de Montes.

Así mesmo, durante o período de exposición, as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. Para iso, poderán utilizar o formulario do anexo IV do Decreto 167/2019 e achegar a seguinte documentación:

a) Listaxe de parcelas catastrais incluídas na masa que son propiedade das persoas que alegan.

b) A xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se for o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba válido en dereito ou, na falta destes, mediante declaración responsable que acredite a lexitimación para iniciar o procedemento de acordo co establecido no artigo 6.1 do decreto.

c) Se é o caso, acreditación mediante declaración responsable, da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome do solicitante.

d) No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar.

Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.gal).

O presente anuncio estará á disposición das persoas que o soliciten na sede electrónica.

Ourense, 27 de abril de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense