Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 24 de maio de 2022 Páx. 30566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2022 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional para o persoal laboral, realizadas fóra de prazo durante os meses de marzo e abril de 2022, e se procede á súa notificación.

Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non ten sido aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

O sistema de carreira profesional foi aprobado con base na sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro de 2020). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019, publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais: CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo).

O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo, sen que teña realizada ningunha outra convocatoria para o recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución, presentadas nos meses de marzo e abril do ano 2022, para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional, por estaren presentadas fóra do prazo establecido, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

NIF

Apelidos

Nome

Data solicitude

***0449**

Rubinos Basanta

María del Pilar

26.4.2022

***4083**

Cagide Fernández

María Jesús

25.4.2022

***3558**

Arrojo Real

Pilar

21.4.2022

***3718**

Naveira Fachal

Celia

21.4.2022

***5216**

Vázquez Cruzado

Alicia

21.4.2022

***3176**

Pérez Jaspe

Francisco A.

18.4.2022

***1595**

Páramo Aller

María Teresa

13.4.2022

***7703**

Bueno Saleta

Mercedes

12.4.2022

***4151**

Corral Regueiro

María Dolores

11.4.2022

***5420**

Balboa Cereijo

Benjamín

7.4.2022

***9252**

Outeiro López

Xosé Ricardo

6.4.2022

***8568**

Pazo Paniagua

María Cristina

6.4.2022

***1696**

Moure González

María Josefa

6.4.2022

***6918**

Martínez García

María

5.4.2022

***4206**

García Brañas

Susana

5.4.2020

***5634**

Sánchez Rodríguez

María Carmen

1.4.2022

***5724**

Moure González

María Araceli

1.4.2022

***7244**

Castaño Carnota

Rosa

30.3.2022

***5214**

Balsa Calvo

José Luis

30.3.2022

***3508**

Villanueva Fernández

María Manuela

28.3.2022

***4921**

Senín Varela

María Ángeles

24.3.2022

***6278**

Fraga Bermúdez de Castro

Ángel María

22.3.2022

***5600**

Bouzamayor López

María Isabel

22.3.2022

***6517**

Ferreiro Vivero

Fernando

22.3.2022

***9216**

Chimeno Díaz

María Teresa

22.3.2022

***8447**

Rojo Ponte

María Beatriz

22.3.2022

***4436**

Magaña Terrón

Luz Antonia

21.3.2021

***6426**

Souto Allo

Florinda Josefa

17.3.2022

***5926**

Fagín González

María Luz

17.3.2022

***5523**

González Quintáns

Rosa María

16.3.2022