Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 31021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de produción de fariña de trigo

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Reyes Hermanos, S.L.

Núm. de rexistro: 2013-IPPC-7-265

Localización: concello de Pontevedra

Expediente: 2020-IPPC-M-131

Instalación: planta de elaboración de cemento por medio do secado e moenda de diversos produtos

Trámite: transmisión da autorización ambiental integrada

Titular absorbido: Cementos Cosmos, S.A.

Novo titular: Votorantim Cementos España, S.A.

Localización: concello de Narón (A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-35

Instalación: explotación porcina de produción de leitóns

Modificación non substancial e modificación do plan de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada

Titular: Exporgondo, S.L.

Expediente modificación: 2021-IPPC-M-94

Localización: Vizoño, concello de Abegondo (A Coruña)

Núm. de rexistro AAI: 2007/0004_NAA/IPPC_097

Instalación: central térmica de Meirama

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Naturgy Generación, S.L.U.

Novo titular: Naturgy Generación Térmica, S.L.U.

Expediente: 2021-IPPC-M-127

Localización: concello de Cerceda (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2006/0319_NAA/IPPC_044

Instalación: central térmica de ciclo combinado de Sabón

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Naturgy Generación, S.L.U.

Novo titular: Naturgy Ciclos Combinados, S.L.U.

Expediente: 2021-IPPC-M-126

Localización: concello de Arteixo (A Coruña)

Núm. rexistro AAI: 2004/0215_AIA/IPPC_015

Instalación: planta de fabricación de especialidades farmacéuticas de uso veterinario

Procedemento: cambio de denominación social

Denominación social do titular:

CZ Veterinaria, S.A.

Nova denominación social do titular:

CZ Vaccines, S.A.U.

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-45-345

Localización: lugar da Relva, O Porriño (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-47

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático