Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30989

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente-e IN407A 2016/371-1).

Expediente-e: IN407A 2016/371-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS dobre alimentación Muxía derivada CT Lourido-CT Enfesto.

Concello: Muxía.

Feitos:

1. O día 7.4.2016, José Antonio Fernández Amaro, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS dobre alimentación Muxía derivada CT Lourido-CT Enfesto.

O devandito proxecto tiña como finalidade a de adecuar e mellorar a rede de distribución de media tensión existente, correspondente á liña DVL-805 (liña Allo), mediante o enlace entre a liña POT-806 (liña Agreiras), procedente da subestación de Pontella, e a LMT DVL-805 (liña Allo), de maneira que os centros de transformación que subministran enerxía eléctrica á vila de Muxía dispoñan da posiblidade de ser alimentados desde dúas subestacións, neste caso do Vilán e Pontella.

O proxecto conta coa autorización previa e de construción mediante a Resolución do 25 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2016/371-1).

O día 6.9.2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a modificación da autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS dobre alimentación Muxía derivada CT Lourido-CT Enfesto.

Entregan anexo ao proxecto, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, asinado por Victoriano Lemos González, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 2.980 de Galicia.

A modificación consiste no seguinte:

• No tramo soterrado A-B do proxecto inicialmente autorizado débese repoñer a nova senda peonil construída sobre a cuneta; non hai cambio de traza da liña orixinal.

• No tramo final soterrado varíase a traza orixinal canalizándoa pola marxe esquerda da EP 5201, co conseguinte cambio da lonxitude do condutor inicialmente previsto.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos:

• Concello de Muxía.

• Deputación Provincial da Coruña.

• Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Servizo Protección e Fomento.

• Augas de Galicia.

Concello de Muxía: o concello emite informe do 5.10.2021 en que o peticionario acepta o condicionado do concello mediante escrito do 29.10.2021.

Deputación Provincial da Coruña: enviada a separata ao organismo do 21.9.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

Augas de Galicia: enviada a separata ao organismo do 17.9.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Servizo Protección e Fomento. Esta dirección xeral, mediante a Resolución do 17 de decembro de 2021, autoriza as obras do anexo ao proxecto presentado. Na autorización relaciónanse unha serie de medidas protectoras e indicacións para a conservación do Camiño de Santiago. Mediante escrito do 20.1.2022, Unión Fenosa Distribución, S.A. acepta o condicionado do organismo.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, de 2,874 km, con orixe na cela de liña existente no CT Enfesto (expediente 179/06) e final no paso de soterrado a aéreo que se vai realizar no apoio situado nas coordenadas ETRS89 fuso 29 X: 482.501; Y: 4.770.012 da LMT POT-806 (expediente IN407A 2017/132-1), situado no tramo entre a derivada ao CT Oruxo (15XA13) e o CT Lourido (expediente 33.924).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña