Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 25 de maio de 2022 Páx. 30927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral está regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

O artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 20/2022, do 24 de febreiro, establece que a actualización de méritos será realizada anualmente de oficio pola Administración mediante resolución da persoa titular da dirección xeral competente en materia de función pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Nesta resolución darase publicidade á lista provisional.

De conformidade co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522U) (DOG do 30 de xullo), nas listas de natureza funcionarial en xestión que non estivesen afectadas por procesos de funcionarización valoraranse, ao abeiro do artigo 9, letra b) do Decreto 37/2006, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019 das que non existan listas de contratación temporal e que non se prevexa que sexan obxecto de procesos de funcionarización.

Esta valoración realizarase na actualización anual de méritos respecto ás categorías profesionais laborais que se sinalen expresamente nela.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a actualización provisional de méritos relativos ao ano 2021 dos integrantes das listas elaboradas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral.

En aplicación do establecido na disposición adicional primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, nas listas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario da escala de veterinarios (A1-2067) e da escala de ciencias, especialidades de bioloxía (A1-2068) e química (A1-2069), valoraranse, ao abeiro do artigo 9, letra b), do Decreto 37/2006, os méritos por servizos prestados nas categorías profesionais laborais declaradas equivalentes polo Decreto 165/2019.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II), poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación>.

Segundo. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coa reclamación achegarase:

– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

• Certificación de servizos prestados no ano 2021 en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e deberá ser asinada polo/a secretario/a do concello.

• Certificación de servizos prestados nas demais entidades públicas instrumentais do sector público autonómico galego na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo V da presente resolución e deberá ser asinada polo órgano da entidade equivalente ao/á secretario/a xeral técnico/a con competencia en materia de persoal.

Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2065

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas

A1

2066

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

208F

Escala de facultativos. Especialidade de medicina

A1

208G

Escala de facultativos. Especialidade de psicoloxía

A1

208H

Escala de facultativos. Especialidade de pedagoxía

A1

2072

Escala de arqueólogos

A1

2080

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

A1

2083

Escala superior de estatísticos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-06

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

206X

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

A2

2073

Escala de arquitectos técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2076

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de topografía

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2079

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas

A2

2085

Escala técnica de estatísticos

A2

2094-01

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

A2

208A

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría

A2

208B

Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia

A2

208C

Escala técnica de facultativos. Especialidade educadores

A2

208D

Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional

A2

208E

Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

B

208J

Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade patrón

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade mecánico

C1

2081

Escala de delineantes (a extinguir)

C2

20A3

Escala de auxiliares de clínica

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

032

Técnico/a superior en centros de arte

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

031

Restaurador/a

II

033

Profesor/a de danza clásica

II

038

Perito/a-xudicial diplomado/a

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

003

Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

011

Encargado/a agrario/a

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

037

Técnico/a de son

III

039

Rexedor/a de escena

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

053

Técnico/a en restauración cinematográfica

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

067

Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial/a 1ª obra COTOP. Capataz

III

068

Oficial/a 1ª agrario, capataz agrario

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira

III

080

Capataz de establecemento

III

088

Capataz de explotacións marisqueiras

III

090

Animador/a sociocultural

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionista

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

III

104

Intérprete de linguaxe de signos

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

020

Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

IV

023

Mestre/a gaiteiro/a

IV

024

Xastre/a

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a. Axudante/a cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a

V

003-02

Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal servizos xerais

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a

ANEXO III

Certificación de servizos prestados

(Resolución do ......................................; DOG núm. .................., do .............. de..................................... de 202.....)

....................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo ............................................................................................... CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, ....................................................................................................., con DNI núm. ..........................., prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou entidades (artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo) que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación do posto

Consellería ou entidade da Xunta de Galicia

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo
(si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data inicio

Data
fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en .............................................................., o ................. de ..................................... de 202.....

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2021.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

ANEXO IV

Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios
da Comunidade Autónoma de Galicia

(Resolución do ......................................; DOG núm. .................., do.............. de..................................... de 202.....)

.....................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Secretario/a do concello de ........................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan neste concello ou mancomunidade de municipios, ....................................................................................., con DNI núm. ......................................, prestou servizos neste concello ou mancomunidade de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia, no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Denominación

do posto

Concello ou mancomunidade de municipios

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo
(si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en .............................................................., o ................. de ..................................... de 202.....

(Sinatura)

Visto e prace: O/a secretario/a

O/a alcalde/sa

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

– Unicamente se computarán os servizos que se acrediten prestados na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

ANEXO V

Certificación de servizos prestados en entidades instrumentais do sector público autonómico
do artigo 9.bis.a).2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo

(Resolución do ......................................; DOG núm. .................., do.............. de..................................... de 202.....)

.....................................................................................................................................................................................

(Nome da persoa responsable que certifica)

Cargo ..................................................................................

CERTIFICA:

Que, segundo os antecedentes que constan nesta entidade, .........................................................................................., con DNI núm. ................................., prestou servizos nesta entidade no grupo e categoría e nos períodos que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Denominación

do posto

Entidade pública

Código do posto de traballo

(de ser o caso)

Descontinuo
(si/non)*

Fin de semana
(si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en .............................................................., o ................. de ..................................... de 202.....

(Sinatura)

O/a titular do órgano que asina

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2021.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.

– Unicamente se computarán os servizos que se acrediten prestados na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.