Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31107

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DECRETO 76/2022, do 25 de maio, polo que se nomea director xeral de Formación Profesional a José Luis Mira Lema.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous,

NOMEO director xeral de Formación Profesional a José Luis Mira Lema.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades