Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31419

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de técnico/a superior de proxecto (referencia QUANTUMSPAIN-22-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: QUANTUM ENIA, no marco da Axenda dixital 2025 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, no marco da Axenda dixital 2025 e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial a raíz do Real decreto 936/2021, do 26 de outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a varios centros da Rede Española de Supercomputación (RES), para o desenvolvemento do proxecto QUANTUM ENIA, e regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia