Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31378

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO da oferta de emprego público extraordinario de estabilización do emprego temporal e excepcional de estabilización do emprego temporal de longa duración.

O 18 de maio de 2022, en cumprimento do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas adoptou acordo de aprobación da oferta de emprego público extraordinario de estabilización de emprego temporal e excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración do Concello de Cangas.

O texto íntegro do acordo atópase publicado na sede electrónica do Concello de Cangas (https://cangas.sedelectronica.gal).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante este concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cangas, 19 de maio de 2022

María Victoria Portas Mariño
Alcaldesa