Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bande

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Bande, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se indican:

Nome da/das praza/as

Grupo profesional

Nº de prazas

Tipo praza

Sistema de acceso

Auxiliar administrativo

IV (C2)

2

Persoal laboral

Concurso

Axente de emprego e desenvolvemento local

II (A2)

1

Persoal laboral

Concurso

Orientador laboral

II (A2)

1

Persoal laboral

Concurso

Chofer servizos varios, tractor-rozadoira (área servizos públicos básicos)

IV (C2)

1

Persoal laboral

Concurso

Oficiais servizos varios (área servizos públicos básicos)

IV (C2)

4

Persoal laboral

Concurso

Limpador/a (xornada parcial 30 horas semanais)

V (A.P.)

1

Persoal laboral

Concurso

Traballador/a social

II (A2)

1

Persoal laboral

Concurso

Auxiliar axuda no fogar (xornada parcial 30 horas semanais)

V (A.P.)

3

Persoal laboral

Concurso

Auxiliar axuda no fogar (xornada parcial 35 horas semanais)

V (A.P.)

1

Persoal laboral

Concurso

Auxiliar axuda no fogar (xornada completa)

V (A.P.)

1

Persoal laboral

Concurso

Auxiliar axuda no fogar (exclusivamente sábados, domingos e días festivos)

V (A.P.)

1

Persoal laboral

Concurso

Monitor deportivo

III (C1)

1

Persoal laboral

Concurso

Encargada biblioteca e oficina municipal de información xuvenil

III (C1)

1

Persoal laboral

Concurso

Nome da/das praza/s

Grupo profesional

Nº de prazas

Tipo praza

Sistema de acceso

Limpador/a (Xornada parcial 30 horas semanais)

V (A.P.)

1

Persoal laboral

Concurso-oposición

Auxiliar axuda no fogar (xornada completa)

V (A.P.)

3

Persoal laboral

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Bande no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Bande, 20 de maio de 2022

Sandra Quintas Vázquez
Alcaldesa