Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo de Miño

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución de Alcaldía aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, conforme as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente á/as praza/s que a seguir se relacionan:

Persoal funcionario:

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Núm. vacantes

Xornada

Sistema de acceso

C1

Admón. xeral

Administrativa

1

Completa

Concurso-oposición

C2

Admón. xeral

Auxiliar administrativa

1

Completa

Concurso

E

Admón. xeral

Subalterna

1

Completa

Concurso

E

Admón. especial

Servizos especiais

1

Completa

Concurso

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Núm. Vacantes

Xornada

Sistema de acceso

I

Arquitecto

1

Parcial

Concurso

II

Traballadora social

1

Completa

Concurso

V

Auxiliar serv. axuda no fogar

8

Parcial

Concurso

V

Auxiliar vivenda comunitaria

5

Completa

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Castrelo de Miño.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Castrelo de Miño, 20 de maio de 2022

Avelino Pazos Pérez
Alcalde