Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2022.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 13 de maio de 2022, adoptouse o seguinte acordo en relación coa oferta de emprego público do ano 2022 do Concello de Guitiriz:

Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2022, que contén os seguintes postos de traballo que se deberán convocar no prazo máximo de tres (3) anos:

Oferta ordinaria:

Persoal funcionario:

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Técnica de emprego e desenvolvemento local-A2

Administración xeral escala técnica. Ficha número 04 da RPT (código 04 da RPT)

1

Promoción interna

Concurso-oposición

Persoal laboral fixo:

Denominación

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Peón de SM, ficha nº 21 (código 76)

1

Libre

Oposición libre

Traballador/a social SAF, ficha nº 35 (código 75 da RPT)

1

Libre

Oposición libre

Oferta de emprego público extraordinaria de estabilización de emprego do Concello de Guitiriz de conformidade co disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, co seguinte detalle:

Persoal funcionario:

Denominación

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Administrativo C1. Escala Administración xeral. Subescala Administrativa, ficha 8 da RPT, código 11

1

Libre

Concurso

Persoal laboral fixo:

Denominación

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Técnica de turismo

Ficha 34 da RPT (código 74) A2

1

Libre

Concurso

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que se considere procedente.

Guitiriz, 13 de maio de 2022

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa