Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31701

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de técnico/a de saúde de atención primaria.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), publicouse o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

No seu punto I disponse que este sistema de selección será de aplicación a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 30 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 10 de xaneiro de 2022) iniciouse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de técnico/a de saúde de atención primaria no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 40, do 28 de febreiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as na categoría de técnico/a de saúde de atención primaria.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base sétima, da Resolución do 30 de decembro de 2021,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas no primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais da categoría de técnico/a de saúde de atención primaria.

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos