Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se somete a información pública o Plan territorial especial de San Fiz de Asma, no concello de Chantada.

En cumprimento do disposto no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sométese á información pública durante o prazo dun mes o Plan territorial especial de San Fiz de Asma, no concello de Chantada, aprobado inicialmente mediante a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 20 de maio de 2022.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela; no Concello de Chantada ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_SX_de_Organizacion_do_Territorio_e_Urbanismo?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html, e presentar as alegacións, os documentos e as consideracións que se consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo