Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31863

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022 pola que se publican as resolucións do 19 de maio de 2022 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de admitidas/os e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia.

Con data do 16 de marzo de 2022 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

De conformidade co disposto no artigo 15, correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas que se poderán consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así mesmo, o seu artigo 16 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro das resolucións do 19 de maio de 2022, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva admitidas/os e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia, que se xuntan á presente resolución nos anexos I, II, III e IV, respectivamente.

Segundo. Comunicar que as referidas resolucións do 19 de maio de 2022, que finalizan este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas ás que se adxudicou praza disporán dun prazo de 8 días computado a partir do día seguinte desta publicación para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña

Con data do 16 de marzo publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

O día 6 de maio de 2022 publicouse a relación provisional de persoas admitidas concedendo un prazo de 5 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2022 na xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen a dita praza, é de 8 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargar da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 19 de maio de 2022. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (artigo 15.1 da Resolución do 8.3.2022), María Blanco Aller, xefa territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude.

ANEXO II

Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo

Con data do 16 de marzo publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

O día 6 de maio de 2022 publicouse a relación provisional de persoas admitidas concedendo un prazo de 5 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2022 na xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen a dita praza, é de 8 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargar da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 19 de maio de 2022. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (artigo 15.1 da Resolución do 8.3.2022), Francisco Javier Vázquez Nodal, xefe territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO III

Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense

Con data do 16 de marzo publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

O día 6 de maio de 2022 publicouse a relación provisional de persoas admitidas concedendo un prazo de 5 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2022 na xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen a dita praza, é de 8 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargar da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses dende o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 19 de maio 2022. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (artigo 15.1 da Resolución do 8.3.2022), María José Fernández Laso, xefa territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Xuventude.

ANEXO IV

Resolución do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra.

Con data do 16 de marzo publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

O día 6 de maio de 2022 publicouse a relación provisional de persoas admitidas concedendo un prazo de 5 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada xefatura territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2022 na xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtivesen a dita praza, é de 8 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:

– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargar da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.

Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 19 de maio de 2022. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (artigo 15.1 da Resolución do 8.3.2022), María José Pérez-Izaquirre López, xefa territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Xuventude.