Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31986

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2022 pola que se aproban a oferta de emprego público correspondente ao ano 2022 e a oferta de emprego público adicional para estabilizar prazas vacantes estruturais provistas de forma temporal e pola que se modifica a oferta de emprego público correspondente ao ano 2021.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O artigo 2 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, encoméndalle a xestión do servizo público de comunicación audivisual de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que o artigo 5 cualifica como un servizo esencial de interese económico xeral.

Mediante a Resolución do 24 de decembro de 2021, do director xeral da Corporación RTVG (DOG núm. 250, do 30 de decembro), acordouse e déuselle publicidade á oferta de emprego público correspondente ao ano 2021. Nesta oferta incluíanse prazas susceptibles de incorporárense aos procesos de estabilización de emprego temporal previstos no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Esta última norma ten como fin situar a taxa de temporalidade estrutural no sector público por debaixo do 8 % mediante a adopción dunha serie de medidas dirixidas a:

1. Reducir inmediatamente a temporalidade estrutural.

2. Previr no futuro a temporalidade estrutural.

3. Mellorar a xestión mediante o fomento da planificación nos recursos humanos.

Para aplicar a mencionada Lei 20/2021 na Corporación Radio e Televisión de Galicia, procede, en primeiro lugar, aprobar a oferta de emprego público adicional que permita convocar os procesos de estabilización de prazas vacantes estruturais provistas de forma temporal, logo de realizar a oportuna adaptación da oferta de emprego publico da entidade correspondente ao ano 2021 e, por último, aprobar tamén a oferta de emprego público da Corporación correspondente á taxa de reposición do ano 2022.

Correspóndelle autorizar as ofertas de emprego público da CRTVG ao Consello da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 12.cinco da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, e aprobalas ao órgano que resulta competente de acordo cos estatutos da Corporación, tal como dispón o artigo 110, alínea e), da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Na súa virtude, tras a negociación dos criterios xerais desta oferta de emprego público coa representación legal do persoal da CRTVG, logo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de maio de 2022, ditado ao abeiro do disposto no artigo 12.cinco da Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 26 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a oferta de emprego público da Corporación RTVG correspondente ao ano 2021, aprobada mediante a Resolución do 24 de decembro de 2021, do director xeral da Corporación RTVG (DOG núm. 250, do 30 de decembro), que queda cuantificada na forma indicada no anexo I.

Segundo. Aprobar a oferta de emprego público correspondente á taxa de reposición de efectivos da Corporación RTVG correspondente ao ano 2022. A súa cuantificación especifícase no anexo II desta resolución.

Terceiro. Aprobar a oferta de emprego público adicional para os efectos de convocar os procesos de estabilización de prazas estruturais provistas de forma temporal previstos no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. A esta oferta adicional incorpóranse as prazas da oferta de emprego público de prazas ocupadas por persoal indefinido non fixo especificadas no anexo II da Resolución do 24 de decembro de 2021, do director xeral da Corporación RTVG (DOG núm. 250, do 30 de decembro), segundo se detalla no anexo III desta resolución.

Cuarto. Publicar as convocatorias das prazas ofertadas dentro dos prazos fixados pola normativa básica.

Quinto. Considerar como criterios xerais polos que se regularán os procesos selectivos que se executen para o cumprimento destas ofertas os derivados da aplicación, por un lado, da normativa básica contida na disposición adicional primeira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na disposición adicional segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na que con tal carácter se dite e lles sexa aplicable ás sociedades mercantís públicas. Por outro lado, terase en conta tamén como criterios de regulación o disposto no artigo 31 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, e os recollidos no convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015).

Sexto. Considerar como criterios específicos aplicados á oferta de emprego público adicional, que permite convocar os procesos de estabilización de prazas vacantes estruturais provistas temporalmente, os establecidos na propia Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e os que, de acordo coa habilitación que na mencionada norma se contén, diten as respectivas administracións públicas competentes en aplicación desta norma.

Sétimo. Os códigos de prazas ofertados serán publicados, á marxe da propia convocatoria do proceso, na intranet da Corporación. Todo o anterior sen prexuízo de calquera comunicación persoal que se deba realizar.

Oitavo. Esta resolución é susceptible de impugnación ante os xulgados e tribunais da orde xurisdicional que resulten competentes.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANEXO I

OPE 2021 resultante taxa ordinaria

Nivel

Categoría

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

2

Documentalista

2

2

Titulado/a medio

1

3

Analista programador/a

1

4

Reporteiro/a gráfico/a

2

4

Técnico/a de control

2

9

Axudante de mantemento

1

9

Ordenanza

1

Total 

8

1

1

ANEXO II

OPE 2022 taxa ordinaria

Nivel

Categoría

Quenda xeral

1

Realizador/a

1

1

Redactor/a

1

4

Técnico/a electrónico/a

1

7

Auxiliar administrativo/a

1

9

Almacenista

1

Total 

5

ANEXO III

Prazas estruturais Lei 20/2021

Nivel

Categoría

OPE extraordinaria de estabilización (Lei 20/2021)

Total

Indefinidos OPE 2021 (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021)

Indefinidos (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021)

Obras (disposición adional 6ª da Lei 20/2021)

Interinos OPE 2021 (disposición adicional 8ª da Lei 20/2021)

Interinos (disposición adicional 8ª da Lei 20/2021)

Número de prazas

1

Produtor/a

3

3

1

Realizador/a

1

1

1

Redactor/a

71

5

4

2

82

1

Titulado/a superior

1

2

3

2

Documentalista

1

1

2

Locutor/a radio

10

1

2

13

2

Titulado/a medio/a

1

1

3

Analista programador/a

1

1

3

Técnico/a de sistemas

1

1

3

Técnico/a electrónico de primeira

3

3

4

Auxiliar de redacción

4

4

4

Cámara de primeira

3

2

1

6

4

Deseñador/a gráfico/a

1

1

4

Reporteiro/a gráfico/a

32

1

3

1

37

4

Técnico/a de control

1

1

2

4

4

Técnico/a electrónico/a

3

1

1

5

5

Axudante de realización

9

1

10

5

Decorador/a

1

1

5

Operador/a posprodución

1

1

5

Técnico/a de son

1

1

6

Auxiliar de programas

1

1

6

Oficial técnico electrónico

1

1

6

Operador/a de cámara

3

3

7

Auxiliar administrativo/a

1

1

3

5

7

Axudante de produción

10

10

7

Grafista-titulador/a

2

2

7

Maquillador/a

1

1

2

7

Operador/a montador/a de vídeo

25

5

30

7

Operador/a produtor/a de son

1

1

7

Relacións públicas

2

2

8

Especialista de montaxe

13

13

9

Axudante de mantemento

6

6

Total

212

17

13

10

3

255