Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

Por Resolución de Alcaldía número 268/2022, do 24 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal no Concello de Arbo, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que inclúe as seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación

Grupo cotización

Prazas sen reserva discapacidade

Prazas con reserva discapacidade

Quenda

Sistema de acceso

Técnico de Intervención Familiar

2

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

1

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Educadoras Punto Atención Infancia

2

2

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Auxiliar Administrativo do Museo Arbo

7

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Peón da área de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos

10

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Auxiliar administrativa da biblioteca municipal

5

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Limpadora

10

2

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Arquitecto municipal

1

1

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

7

8

0

Estabilización emprego (D.A. 6ª Lei 20/2021)

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

7

1

0

Estabilización emprego (Lei 20/2021)

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procédese á súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncio do Concello de Arbo e na súa sede electrónica.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que puidesen considerar máis conveniente ao seu dereito.

Arbo, 24 de maio de 2022

Horacio Gil Expósito
Alcalde