Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía deste concello aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a continuación se apuntan:

Persoal laboral:

Grupo

Denominación

Núm. vacantes

Xornada

Sistema de acceso

I

Arquitecto/a

1

Parcial

Concurso

II

Traballador/a social

1

Completa

Concurso

II

Educador/a familiar

1

Completa

Concurso

II

Bibliotecario/a

1

Completa

Concurso

III

Administrativo/a

1

Completa

Concurso

III

Administrativo/a

1

Parcial

Concurso

IV

Fontaneiro/a

1

Completa

Concurso

V

Limpador/a

1

Completa

Concurso

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Portas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Portas, 25 de maio de 2022

Ricardo Martínez Chantada
Alcalde