Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, do 9 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:

– Persoal laboral:

Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local; núm. de vacantes: 1; grupo: II, xornada: completa; sistema de acceso: concurso.

Denominación: auxiliar augas e eficiencia enerxética; núm. de vacantes: 1; grupo: IV; xornada: completa; sistema de acceso: concurso.

Denominación: oficial 2ª; núm. de vacantes: 1; grupo: V; xornada: completa; sistema de acceso: concurso.

Denominación: peón forestal; núm. de vacantes: 1; grupo: V; xornada: completa; sistema de acceso: concurso.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización da contratación temporal do Concello de Cenlle no BOP de Ourense.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente o recurso potestativo de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Se se optase por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se xulgue máis oportuno en dereito.

Cenlle, 11 de maio de 2022

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde