Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31922

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Esgos

ANUNCIO da oferta extraordinaria de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do día 18 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a continuación se apuntan:

Denominación: auxiliar de axuda a domicilio; número de vacantes: 5; grupo: 10; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: chofer rozadora; número de vacantes: 1; grupo: 8; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local; número de vacantes: 1; grupo: 2; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: educador/a familiar; número de vacantes: 1; grupo: 2; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: traballador social; número de vacantes: 1; grupo: 2; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: operario servizo auga - lector de contadores; número de vacantes: 1; grupo: 10; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: peón servizos múltiples; número de vacantes: 3; grupo: 10; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

Denominación: técnico/a informático/a; número de vacantes: 1; grupo: 2; sistema de acceso: disposición adicional 6ª da Lei 20/2021.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Esgos no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente ou recurso de reposición fronte ao alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda por razón de domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer vostede calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Esgos, 19 de maio de 2022

Mario Rodríguez González
Alcalde