Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 31 de maio de 2022 Páx. 31945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ramirás

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 24 de maio de 2022, acordouse:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público, extraordinaria deste concello, para a estabilización de emprego temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente aos postos que se indican a continuación:

Posto

Grupo

Nº prazas

Xornada

Sistema de acceso

Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

I

1

Completa

Concurso-oposición

(artigo 2 da Lei 20/2021)

Concurso

(D.A. 6ª e 8ª da Lei 20/2021)

Mestre infantil

II

1

Completa

Asistente infantil

IV

1

Completa

Chofer tractor rozadoira

(Fixo descontinuo 9 meses)

IV

1

Completa

Segundo. En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publicar a oferta de emprego público para a estabilización da contratación temporal do Concello de Ramirás, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no DOG.

Terceiro. Publicar a referida oferta no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica deste concello.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante a alcaldesa, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei/29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que se xulgue máis oportuno en dereito.

Ramirás, 24 de maio de 2022

Isabel Gil Álvarez
Alcaldesa