Mediante Acordo do 19.4.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baltar (expediente IN407A 2022/46-3), o cal foi publicado no DOG do 11.5.2022, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, número 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 12 de maio de 2022
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2022/46-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de reconectador TC no apoio núm. 86-3-13-3 da LMT XIN809.
Termo municipal: Baltar.
Predio núm. en proxecto: 1.
Lugar: Pombo.
Cultivo: matogueira.
Titular: herdeiros de Ramón Nocelo Peña.
Afección: ocupación de 10 m2 para o apoio núm. 86-3-13-3.