Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías (Sinerxías).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 13 de abril de 2022, os estatutos da Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías (Sinerxías) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: as empresas dedicadas ao transporte de mercadorías por estrada interior e internacional, empresas que realizan actividades auxiliares de transporte, axencias e operadores do transporte e empresas que realizan servizos de transporte de mercadorías por estrada.

Asinan a acta de constitución: Alberto Vila González, Eduardo González Bermúdez e Camilo González Bermúdez.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais