Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 1 de xuño de 2022 Páx. 32232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022.

Mediante o Decreto da Alcaldía nº 222/2022, do 4 de maio, publicado no BOP da Coruña nº 89, do 11 de maio de 2022, aprobouse a oferta pública de emprego do ano 2022 para a estabilización de emprego temporal, que literalmente di:

«Asunto: aprobación da oferta de emprego público para o ano 2022 para a estabilización de emprego temporal.

Antecedentes:

a) Vista a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), e nomeadamente os seus artigos 21.1.g) e 91.

b) Visto o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e nomeadamente o seu artigo 70.

c) Vista a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e nomeadamente os seus artigos 48 e 204.

d) Vista a relación de postos de traballo do Concello de San Sadurniño, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal o 24 de setembro de 2020 (BOP nº 198, do 20 de novembro).

e) Vista a aprobación, do 3 de maio de 2021, da oferta de emprego público para o ano 2021.

f) Vista a aprobación do orzamento xeral e do cadro de persoal para o exercicio 2022 no Pleno do 4 de marzo e a súa publicación definitiva no BOP nº 67, do 7 de abril de 2022.

g) Tendo en conta o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

h) Tendo en conta a negociación desta oferta de emprego no marco da Mesa Xeral Negociadora.

No uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local,

RESOLVO:

1. Modificar parcialmente a Resolución da Alcaldía nº 138/2021, do 3 de maio de 2021, que aprobou a oferta de emprego público de 2021, no seu contido respecto dos seguintes aspectos.

2. Acordar a desistencia da inclusión na oferta de emprego público deste concello para o 2021 das seguintes prazas por non estaren incluídas en ningunha das ferramentas de organización de recursos humanos coas que conta o concello:

Persoal laboral:

Denominación

Grupo

Nº de vacantes

Quenda

Administrativo/a de servizos sociais

III

1

Libre

Operario/a de maquinaria

IV

1

Libre

3. Aprobar a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de San Sadurniño antes do 1 de xuño de 2022, co seguinte contido:

– Prazas que cumpren as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coa seguinte relación:

Persoal funcionario:

Denominación

Grupo/subgrupo

Escala

Nº de vacantes

Quenda

Sistema de acceso estabilización

Administrativo/a Secretaría

C/C

Admón. xeral

1

Estabilización de emprego

Concurso-oposición

– Prazas incluídas no suposto da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coa seguinte relación:

Persoal laboral:

Denominación

Grupo

Nº de vacantes

Quenda

Sistema de acceso estabilización

Axente de Igualdade

II

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Educador/a familiar

II

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Auxiliar administrativo/a de servizos sociais

IV

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Auxiliar de axuda no fogar

V

14

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Arquitecto/a

I

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Operario/a de maquinaria

IV

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Peón

V

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Animador/a sociocultural

III

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Técnico/a de deportes

III

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Técnico/a de Desenvolvemento Local

I

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

Axente TIC

II

1

Convocatoria excepcional de estabilización

Concurso

4. A publicación da convocatoria para a cobertura destas prazas incluídas na oferta para a estabilización temporal deberá ser antes do 31 de decembro de 2022 e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.

5. Facer pública esta oferta de emprego, mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do artigo 70 do Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público».

Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no BOP. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación expresa da resolución do recurso potestativo de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao daquel en que se teña producido a desestimación por silencio administrativo do recurso potestativo de reposición interposto.

Non obstante, esta resolución poderase impugnar directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (artigo 123.1 da Lei 39/20915). Para tal efecto, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOP; no caso de haber interposto primeiro o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio administrativo.

Todo iso, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que considere máis conveniente conforme a dereito.

San Sadurniño, 24 de maio de 2022

Secundino García Casa
Alcalde